Lectura e documentación

Co obxecto de identificar os motivos e definilos, observaranonse desde diferentes condicións de luz e perspectivas e rexistraranse mediante fotografiado, frotado en papel e calco en soporte plástico..

Lectura con luz natural en diferentes momentos do día. 

• Lectura con luz rasante artificial de noite e utilizando focos de pouca potencia colocados de maneira que emitan unha luz que acentúe o relieve dos surcos. É unha das mellores maneiras de distinguir os motivos máis deteriorados e danados. 

Frotado. É un método táctil de observación que rexistra tódalas das características da superficie da rocha (motivos e demáis irregularidades da rocha). Xunto ca fotografía constitue un material que pode ser empregado en actividades culturais e divulgativas. Empregarase papel verjurado de cor branca, fixado á rocha con medios reversibles (cinta ou plastilina). Sobre el e con papel carbón restregase a superficie de nabeura axeitada para que se vaian plasmando.

Pintado dos surcos dos petroglifos. Logo de observados e fotografiados os motivos no seu estado orixinal, procedeuse ó seu pintado, primeiro durante a lectura baixo luz rasante, completándoa coa luz natural. O que se resaltará serán os surcos gravados. Para elo empregouse talco diluido auga para facilitar a posteriori a súa desaparición. Finalmente documentaranse exhaustivamente tódolos motivos xa pintados. 

• Calcos sobre plástico. A fiabilidade e relativa facilidade deste sistema de rexistro lévanos a elixilo como outro soporte no que recoller a información que proporciona Cova da Bruxa. Utilizouse plástico transparente semirríxido que se fixa sobre a supreficie gravada. Sobre el e empregando como guía os motivos anteriormente resaltados co pintado, procedese ó perfilado do contorno dos surcos con rotuladores indelebles de distintas cores para reflexar as distintas realidades visibles. 

• Documentación fotográfica das labores arqueológicas. Este rexistro cumpre unha dobre finalidade: respaldar a información e as conclusión que se deriven do traballo realizado, e ilustrar as tarefas conretas que se realizaron e como. 

Topografiado. Realizouse un replanteo da superficie do afloramento.